Site icon Crónica3.com A Mariña

“Boa sorte, mala fama” na IX edición do Ribadeo Indiano

Ribadeo, 26 de xuño, 2024. A próxima parada da xira do espectáculo teatral “Boa sorte, mala fama” será este domingo, 7 de Xullo, ás 20:30hs, no Auditorio Municipal Hernán Naval dentro da programación da IX Edición do Ribadeo Indiano.

A compañía lucense Tarabela Creativa recala por terceira vez na Mariña con este espectáculo que é o resultado dunha investigación de dous anos arredor das caras máis descoñecidas e menos intitucionais da nosa emigración, contadas en tres actos. En palabras da súa propia directora e dramaturga, Carmen Conde, “visitar Ribadeo con esta montaxe é aínda máis especial se cabe, pois no espectáculo hai moitas historias que contan como foi a nosa diáspora cubana e sei a irmandade tan grande que existe entre Ribadeo e Cuba; ademais de grandes persoeiros, homes e mulleres, que acabaron sendo parte activa da historia”.

“Boa sorte, mala fama” conta con Mariña Pena na interpretación, con Nastasia Zürcher na música e coa propia Carmen na narración oral. Na obra aparecerán varias persoas que emigraron dende a Mariña e que tiveron un papel relevante e fundamental en diversas loitas.

Exit mobile version