Con 6 actuacións de coñecidas contadoras de historias preséntase o programa “A Voltas cos Contos”
Calendario de actuacións:
15 de xuño: “Ida e volta” de Cris de Caldas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos.
16 de xuño: “Coa palabra na boca” de María da Pontragha na Escola de Vilamartín Pequeno.
22 de xuño: “O medo é libre” de Ángeles Goás no local social de Cabarcos.
23 de xuño: “Tralalareira” de Vero Rilo no teleclube de Vilamartín Grande.
29 de xuño: “Ida e volta” de Cris de Caldas no teleclube da Rilleira.
30 de xuño: “E ti de quen vés sendo?” de Ángeles Goás no local social de San Xusto.
Todas as actuacións comezarán ás 20:00 horas.
Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal, destacou a importancia deste programa: “Con ‘A Voltas cos Contos’ buscamos non só ofrecer entretemento, senón tamén promover a cultura galega e fomentar o encontro e a convivencia entre as veciñas e veciños. Agardamos que a veciñanza barreirense goce destas sesións que mesturan humor e tradición”.
O programa está enmarcado no circuíto “Cultura no Camiño” da Xunta de Galicia e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.