O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliña que “Industrial Recense, é unha empresa que colabora con nos e que verdadeiramente ten unha visión do que é a formación e das iniciativas de apoio a entidades como a Apaga ou aos centros educativos. Xa xogou un papel moi importante na implantación do ciclo de Soldadura que está a funcionar na Pontenova, aínda que había quen dicía que iso non se ía levar a cabo nin ía ter continuidade, pero aí está”.
E engadiu: “estamos francamente moi ilusionados pola chegada de todos estes alumnos e que tanto eles como as empresas que os acollen teñan un nivel alto de satisfacción”.
Apaga tamén aproveita as horas libres para amosarlle as potencialidades turísticas da Mariña a este grupo de alumnos turcos, que xa visitaron Ribadeo nos últimos días.