Site icon Crónica3.com A Mariña

As rebaixas de verán xa chegaron ao Centro Comercial Aberto de Foz

Foz, 26 de xuño de 2024. As rebaixas de verán xa chegaron ao Centro Comercial Aberto de Foz.

Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, anima a achegarse a Foz ao longo desta fin de semana: “aquí a clientela do noso comercio atopará a mellor moda e os mellores artigos, agora de rebaixas, cuns descontos moi interesantes”.

Para Paleo “este é o mellor momento para mercar produtos da tempada de verán xa de rebaixas, rematando o mes de xuño”.

E engadiu que “desde AciaFozCCA con esta campaña e coas outras que organizamos ao longo de todo o ano o que estamos é apostando sempre polo comercio local, polo que temos a carón das nosas casas, que é o que fai pobo”.

José Carlos Paleo agarda que “esta sexa unha boa campaña para os negocios locais, despois da primavera tan inestable que tivemos, sobre todo en maio e xuño”.

Exit mobile version