Site icon Crónica3.com A Mariña

As pistas de atletismo da Veiga serán o escenario da IV Carreira Popular Maruxaina o próximo 20 de xullo

As inscricións están abertas ata o próximo 17 de xullo en www.sportmaniacs.com

Cervo, 26 de xuño de 2024. As pistas de atletismo da Veiga o escenario da IV Carreira Popular Maruxaina, o próximo 20 de xullo, da man do Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 24, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación na que se celebrará o evento a partir das 11:00 horas, sobre un circuíto de 200 m para pitufos, 500 m para benxamìns, 1000 metros para alevíns, 1609 metros para infantís e cadetes e de 5000 metros para a proba absoluta; con saída e meta nas instalacións deportivas da Veiga, e que transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Ciprián e o paseo do Torno.

As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir a través da ligazón https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/iv-maruxaina—san-ciprin nas diferentes categorías, ata o 17 de xullo ás 23:59 horas.

Desde o Concello de Cervo animan aos afeccionados e profesionais do atletismo a que se anoten a esta carreira, que é unha oportunidade para desfrutar destas instalacións privilexiadas e tamén de descubrir doutro xeito a beleza do litoral do noso Concello.

De regalo a organización obsequiará cunha camiseta técnica aos/ás 250 primeiros/as inscritos/as.

Exit mobile version