Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas forzan o terceiro partido para conseguir o Título de Liga (2-4)

As mariñás superan con decisión ao Futsi no seu territorio nun partido moi intenso ante un duro rival que non conseguíu levarse o título na casa

Sábado 22 de xuño. O conxunto feminino do Pescados Rubén Burela disputou ás 12.00h desta mañá o partido da final dos Playoff polo Título de 1ª División Iberdrola FS ante o seu eterno rival, o Futsi Atlético Navalcarnero, cun resultado final 2-4. Tras perder o primeiro punto en Vista Alegre o sábado pasado na quenda de penaltis, as nosas Pícaras foron a Madrid co claro obxectivo de forzar ese terceiro partido que lles daría a oportunidade de continuar pelexando polo título de liga, e así o fixeron.

Primeiros minutos sen tiros a porta ata o minuto 6 no que Laura Córdoba róubaa preto da área e dispara atopándose por primeira vez con Caridad, segundos despois téntao Patricia en portería rival aproveitando un rexeite dun tiro ao pau de Cami. No minuto 9 chega o 0-1 cun remate da nosa Máquina Emilly a pase de Dany e un minuto despois Sergio Bretón pide tempo morto tentando empatar o partido. No minuto 11 paradón de Caridad a disparo de Ari dende a banda. Continúa o partido, bastante parello con lixeira superioridade do conxunto visitante. No 14 Irene Samper a tira ao pau desde a banda. Continúa a igualdade, con moito xogo de balón e poucos tiros a portas e no minuto 17 tempo morto pedido por Julio Delgado. Disparo afastado de Emilly que case se converte no segundo, de non ser pola intervención de Becha, a dous minutos do descanso. Outro paradón de Caridad a un disparo dende a área de María Sanz case ao bordo da liña de fondo. Continúa presionando o Futsi ata o descanso buscando o empate sen conseguilo.

Na segunda parte sae Marta Balbuena a portería e comeza xa sacando co pé un disparo afastado de Irene Samper. Paradón incrible de Caridad a un remate de Irene Córdoba a centro da súa irmá. Presionan a locais durante esta segunda parte ata que chega o empate nun saque de banda que remata Becha ao segundo pau. Disparo de Laura Córdoba no 29 que detén Caridad. Rozando o pau vaise un tiro ao segundo pau e dobre paradón de Balbuena segundos despois, no 33 a un disparo afastado ben definido de Emilly e posteriormente a un remate de Irene Samper tras un saque de banda. Salvaa Irene Samper baixo paus no minuto 35 e continúa tentándoo o Futsi. Salvaa Caridad unha vez máis no 37 a un disparo raso potentísimo de Laura Córdoba tras un roubo. Saca Sergio Bretón a María Sanz de porteira-xogadora buscando o empate e outra vez a salva Caridad sacándoa a córner. E chega o minuto 39, minuto no que se suceden os goles comezando co 1-3 de Noelia Montoro a portería baleira e continuando co 1-4 de Irene Samper que lla coa á porteira polo primeiro pau cun disparo case desde a frontal da área. A uns segundos do toque de bucina Ari consegue recortar o resultado final 2-4 sen tempo para remontar ese punto que lles levaría á vitoria.

Un Pescados Rubén Burela FS famento conseguiu forzar ese terceiro partido que se celebrará o vindeiro mércores ás 20.30h en Vista Alegre, partido decisivo no que se decidirá o equipo campión de Liga desta tempada 23/24, Liga que esperemos que sexa, por sexta vez, laranxa.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 2-4 Futsi Atlético Navalcarnero

Futsi Atlético Navalcarnero (2): Bea Parrón; Irene Córdoba, Lora, María Sanz, Laura Córdoba -quinteto inicial-, Ju Delgado, Anita Luján, Ari, Becha, Luchi; Marta Balbuena (P)

Pescados Rubén Burela FS (4): Caridad; Dany, Cami, Antía Pérez, Irene Samper -quinteto inicial-, Patricia, Noelia Montoro, Emilly, Rafinha, Cilene; Ana Eliza.

Goles: 0-1, min.9; Emilly. 1-1, min.27: Becha. 1-2, min.34: Patricia. 1-3, min.39: Noelia Montoro. 1-4, min.39: Irene Samper. 2-4, min.39: Ari.

Árbitros: Manuel Jesús Barrilero, Carlos Enrique Bustos, Luis Manuel Manso, Ana Sánchez.

TA: Patricia, Marta Balbuena.

Exit mobile version