Site icon Crónica3.com A Mariña

Arquitectos da provincia de Lugo visitarán o vindeiro 6 de xuño as instalacións de Alcoa e Armón

Lugo, 3 de xuño,2024. A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza unha visita ás instalacións da planta de aluminio de Alcoa en Cervo e ao estaleiro de Armón en Burela. A xornada de convivencia para os/as colexiados/as celebrarase o vindeiro xoves, 6 de xuño. A visita guiada ás instalacións de Alcoa será ás 10:00 horas e o percorrido polas instalacións de Armón ás 13:00 horas.

O obxecto desta actividade é dar a coñecer as arquitecturas industriais de gran tamaño, a súa resolución construtiva e a súa interacción no territorio. A xornada finalizará cunha comida conxunta de confraternidade.

Exit mobile version