O PSOE perde a metade do seu apoio máis de 30.000 votos na provincia de Lugo e o BNG, máis de 1.800
Á vista dos resultados destes comicios que “castigan a Tomé, PSOE e BNG”, o popular entende que “os lucenses están fartos do seu totalitarismo, autoritarismo e caciquismo na nosa provincia”.
Ameijide subliña que Lugo é a segunda provincia con maior apoio en España ao Partido Popular (49,91%) que logrou a vitoria en 64 dos 67 concellos (o 95,52% do total).
Fronte a este destacado apoio ao PP que sube 14,60 puntos porcentuais con respecto ás anteriores europeas do 2019, o PSOE baixa case 9 puntos porcentuais ao perder máis de 30.000 votos, a metade do seu apoio. O BNG tamén perde máis de 1.800.
En Monforte, José Tomé (PSOE) perde 1.810 votos, o que supón un descenso do 47% con respecto ao 2019.
E, en Sarria, Efrén Castro (BNG) perde 200 votos, vendo reducido o apoio ao seu partido nun 20% con respecto ás anteriores europeas.
“Se tivesen un mínimo sentido de autocrítica e realismo PSOE e BNG deberían reaccionar e ver que a provincia está censurando a diario a súa forma de gobernar, os lucenses danlles totalmente as costas. Non os apoian onde gobernan ou onde son orixinarios e tampouco os queren no resto da provincia”, conclúe.