Foz, 24 de xuño, 2024. As alumnas Patricia Fernández e Antonia Molfa e o alumno Julián Pacheco, da aula de Formación Profesional Básica de Cociña e Restauración do IES de Foz, realizan esta temporada prácticas en Alemaña grazas ao programa Erasmus+. Durante o seu período formativo están acompañados do seu profesor de Servizos, Xosé Ríos.
O hotel Munich Eurostars, da famosa cadea hoteleira con sede en Chantada, acolle tódolos anos a alumnado do IES de Foz para ampliar a súa formación. Neste caso, as rapazas e o rapaz que participan no programa europeo proceden de Ribadeo e do Valadouro e vense moi beneficiados con estas prácticas. Por un lado, pola posibilidade de materializar toda a aprendizaxe que foron adquirindo durante o ano e, por outro, pola opción que teñen de coñecer a contorna e todo o que pode ofrecer ao visitante unha cidade de tanta transcendencia como é Munich.