Villares felicitou aos organizadores e expresou a vontade colaboradora da Xunta, pois este tipo de iniciativas contribúen a impulsar o territorio e poñen en valor o enorme potencial que ten Galicia, onde o mar é un recurso claramente vertebrador e constitúe un sinal de identidade cultural e turístico.
As xornadas que, no día de hoxe chegaron ao seu fin, contou con distintas actividades. É o caso da proxección do documental Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas, de Aser Álvarez; o concerto da Banda de Música Pascual Veiga; un roteiro pola variante do Camiño Norte; ou os encontros con outros colectivos e institucións xacobeas.
A Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago está presidida por José Luis Ferández Ansedes. Naceu en 1.992 en Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, co fin de preservar o espírito tradicional das peregrinacións e a investigación, ademais da recuperación e defensa de todos os itinerarios xacobeos que discorren polo noso país e, especialmente, por Galicia.