Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta e o Concello de Ribadeo selan a colaboración para o desenvolvemento do centro que xestiona a área Rexurbe

Ribadeo, 18 de xuño de 2024. O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Xunta para impulsar a Área Rexurbe de Ribadeo. O rexedor reuniuse en Santiago coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez.
Vega declarou tras ese encontro: “queremos trasladar este agradecemento á Xunta de Galicia pola colaboración que está tendo sempre para impulsar a Área Rexurbe de Ribadeo”.

Para o alcalde ribadense “a Xunta sabe que os concellos, e concretamente Ribadeo, necesitan orzamento para seguir avanzando. Polo tanto o financiamento que nos vén axúdanos a impulsar, a dinamizar e a seguir avanzando no casco histórico, que é o máis bonito de Galicia, como o acaban de dicir tamén certos medios de comunicación”.
E engadiu “vamos seguir traballando conxuntamente, de forma leal e impulsar o casco que queremos todos”.

Ribadeo recibirá arredor de 115.000 euros para o desenvolvemento dun centro de xestión da Área Rexurbe durante os anos 2024, 2025 e 2026. Así foi aprobado no Consello da Xunta. O alcalde de Ribadeo e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas asinaron o convenio, tal e como explicou a propia María Martínez: “tras a aprobación no Consello da Xunta do convenio de colaboración co Concello de Ribadeo vimos de asinar o alcalde e mais eu dito convenio que permitirá o desenvolvemento do centro que xestiona a Área Rexurbe”.

Exit mobile version