Durante o encontro, o rexedor informou á conselleira do proxecto no que se define a necesidade de levar a cabo a realización de redes separativas de pluviais e residuais, así como a recollida de todos os puntos de vertido existentes conectándose ás redes municipais. Estímase que a poboación afectada nestes lugares da parroquia de Fomiñá sería duns 200 habitantes.
Cómpre indicar que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.