Efrén Castro parabenizou ao equipo e ao club “o único do Estado que conta con representación masculina e feminina en primeira categoría. É un orgullo para o deporte lucense e galego contar cun proxecto destas características, que fai que Burela se coñeza en todo o Estado como referente deportivo. Este ano os resultados deportivos recompensaron o esforzo”.
A área de Deportes da institución provincial é o principal patrocinio institucional do club burelés ao que achega 140.000€ anualmente.