Site icon Crónica3.com A Mariña

Á venda 4.000 entradas para o XI Festival Bal y Gay

A Mariña, 10 de xuño, 2024. O ‘Festival Bal y Gay’, referente en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en belos escenarios patrimoniais da comarca da Mariña desde 2014, puxo á venda o 10 de xuño as entradas en www.festivalbalygay.com para os 12 destacados concertos da súa undécima edición do 8 ao 23 de agosto tras esgotar os abonos existentes. Propostas artísticas con recoñecidos artistas a nivel internacional (Elias String Quartet, Sergey Kachatryan, Katharina Konradi) e prestixiosos artistas españois con repercusión mundial (Orquestra Sinfónica de Galicia, Musica Ficta, Nereydas, Cuarteto Cosmos, Ruth Iniesta, Martín García García, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias), cuxos prezos oscilan entre os 16 e os 20 euros. Nomes contrastados e mozos de gran talento nun cartel sorprendente que espera volver esgotar as súas 4.000 entradas con público heteroxéneo en idade (maiores, novas, familias) e procedencia (diferentes recunchos de España e Galicia).

Uns cursos de clarinete en Nois -parroquia de Foz con menos de 500 habitantes- foron o xerme do ‘Festival Bal y Gay’, actual referente da música clásica en España que converteu á comarca da Mariña en epicentro nacional con concertos de calidade exquisita, equiparables aos de calquera sala internacional, en escenarios únicos para un público que esgota as entradas. A música comparte protagonismo coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da Mariña, destino cultural agora de referencia en Galicia e en España con esta ‘experiencia 360’. O festival nace en 2014 como iniciativa da Asociación Jesús Bal y Gay, agora Fundación Jesús Bal y Gay, para facer accesible a música clásica a todos os públicos, democratizando e descentralizando a cultura. Un modelo incomparable que permite o contacto entre municipios (Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Burela, Cervo, Lourenzá, Barreiros, Alfoz). Ten o máximo respaldo da Deputación Provincial de Lugo, dos concellos participantes e de empresas na zona.

Exit mobile version