Site icon Crónica3.com A Mariña

A un paso do ascenso, o Pescados Rubén Burela FS desata a pasión en Málaga (1-5)

Os Pícaros continúan acumulando puntos consecutivos nestes Playoff polo Ascenso a Primeira División que podría chegar o sábado que vén na casa

Burela, 8 de xuño, 2024. Tras pasar a semifinal dos Playoff polo Ascenso a Primeira División de Fútbol Sala con pleno ao 2 ante o UA Ceutí, o Pescados Rubén Burela FS enfrontouse hoxe ao seu primeiro partido da fase final ante o CD UMA Antequera, ás 17.00h desta tarde no Polideportivo Municipal Fernando Argüelles de Antequera, cun resultado final 1-5. Tensión e ritmo por parte de ambos os equipos na primeira parte, comeza dominando lixeiramente o UMA anotando o primeiro, pero posteriormente o Burela insiste na presión e consegue o empate que se mantén ata o final destes primeiros 20 minutos. Na segunda parte 10 minutos de máis tensión e xogo algo tolo e anota o segundo o Burela, rompendo o partido e anotando un terceiro 3 minutos despois. Tras o intento dos locais de remontar o resultado con xogo de 5 ante un dominante Burela que xenera máis do que cede, chega un grandioso Isma e anota dous tantos máis no último minuto deixando un resultado máis avultado do que realmente foi un duro encontro digno dunha final de Playoff.

Con problemas técnicos na emisión durante os primeiros minutos de xogo, vemos un comezo desta final para o ascenso coa tensión propia dun encontro desta categoría. Menos ocasións e moito xogo de balón nos primeiros minutos. No minuto 7, Miguel consegue o 1-0 cun disparo desde fóra da área que choca co pau traseiro da portería confundindo aos espectadores. No 9, Michal salva o que podería ser o segundo dos locais cunha saída de porteiro e disparo do mesmo Conejo que despexa o porteiro polaco. Pide David Rial tempo morto neste mesmo momento para reactivar aos seus xogadores que se poden vir abaixo ante a desvantaxe nestes primeiros minutos. Téntao Michal no minuto 12 cunha saída e disparo diagonal case desde os 10m que se vai fóra por preto do pau. Na seguinte xogada a mellor defensa da Segunda División salva outra ocasión do ex-xogador laranxa, Burrito, que case a mete desde a área. Clarísima de Charly tras un saque de falta de Álex García e unha boa combinación con Charly C. Unha saída de Michal case se converte no segundo dos malagueños tras a parada de Conejo e conseguinte disparo do mesmo a portería baleira, saíndo fóra. Por fin chega o empate no minuto 15 cun golazo de Isma nunha xogada preciosa de pivote tras un xiro, vaise da defensa local e dispáraa ao pau rebotando a pelota cara ao interior da portería. Mantense o resultado con varios intentos por parte de ambos conxuntos ata o toque de bucina, sobre o que Ismael realiza un lanzamento directo nunha falta que desvía o porteiro.

Comeza a segunda parte con ganas de gol, moito xogo tolo nos primeiros 10 minutos, con poucas ocasiones pero moitas idas e vindas na pista e certa superioridade dos burelaos. No minuto 30 chega o segundo dos mariñáns nun erro na defensa do conxunto local, Ismael aproveita un balón morto e lánzaa superando ao porteiro e anotando o segundo. E no 33 chega o 1-3, cun golazo de Malaguti tras un saque longo de Michal que recolle Charly C. deixándolla perfecta a Malaguti para marcar o terceiro. Comeza a presionar o conxunto de Tete con Davilillo de porteiro-xogador e sucédense algunhas ocasións que salvan tanto a boa defensa dos burelenses como o sempre espectacular papel de un dos mellores porteiros da categoría, que hoxe non tivo tanto traballo coma noutras ocasións grazas ao marabilloso traballo do grupo no partido de hoxe. Mantense a presión dos andaluces ata o último minuto e tras un lanzamento de Miguel que saca Michal a un minuto da bucina, chega o espectáculo de Isma, cun primeiro golazo picándoa por riba do porteiro tras un roubo e segundos despois, o hat-trick do fonsagradino a portería baleira, sentenciando o 1-5 final e o primeiro punto da Final para o Ascenso a Primeira División para o Pescados Rubén Burela FS.

Longa viaxe de volta para os nosos Pícaros que chegarán con máis ilusión e esperanza ca nunca de conseguir ese segundo punto o vindeiro sábado, en Vista Alegre, soñando coa posibilidade de lograr o ascenso na casa, en Burela, no que podería ser un pleno ao 4 e unha volta a Primeira División histórica con dobre partido na bomboneira.

Ficha Técnica CD UMA Antequera 1-5 Pescados Rubén Burela FS

CD UMA Antequera (1): Conejo; Burrito, Quique Hernando, Cobarro, Leandrinho, -cinco inicial-, Alan de Candia, Pope, Miguel (C), Alvarito, Davilillo, Nando, Óscar, Kiko, Álex Mellado. Entrenador: Jose Antonio Borrego “Tete”

Pescados Rubén Burela FS (5): Kaluza; Quelle, Isma, Alberto, Malaguti -quinteto inicial-, Lucho (C), Pitero, Rikelme, Charly C., Flethes, Álex García, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial.

Goles: 1-0, min.7: Miguel. 1-1, min.15: Isma. 1-2, min.30: Ismael. 1-3, min.33: Malaguti. 1-4, min.40: Isma. 1-5, min.40: Isma.

Árbitros: David Delgado, Guillermo Rodríguez, Álvaro Torres, Borja David Gre Arroyo.

TA: Nando, Alvarito, Lucho, Ismael, Quelle, David Rial, Mika, Malaguti.

Exit mobile version