Site icon Crónica3.com A Mariña

A sétima Romaxe Viquinga do Vicedo celebrarase o 26 e 27 de xullo na praia de San Román

O Vicedo, 19 de xuño de 2024. A Xunta apoia a sétima Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebrará o venres 26 e o sábado 27 de xullo na praia de Area Grande, en San Román. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación que tivo lugar na Casa da Cultura do Vicedo xunto co alcalde, Jesús Novo; o ilustrador dos carteis e camisetas oficiais, Cristian F. Caruncho; Queiman e Pousa, encargados da parte artística; e membros doutras institucións implicadas.

Arias destacou a singularidade desta cita que “supón unha oportunidade turística para O Vicedo” e que “se supera cada ano, tanto en participación e cantidade de público como no nivel da organización”.

O actor Alfonso Agra será o encargado de dar o pregón o venres 26. A festa ofrecerá a programación tradicional e varias novidades, como unha ruta cultural explicativa pola zona dos Moutillós que conducirá un guía o xoves 25, xornada previa ao inicio da romaxe. Tamén se contará cun grupo de recreación histórica de Ponferrada que reforzará a presenza cristiá nas actividades de recreación e talleres.

A Deputación colabora con 30.000€

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este mércores na presentación. Afirmou que: “A Romaxe Vikinga é moito máis que unha simple representación histórica. É unha celebración da nosa identidade, unha mostra de como a nosa terra foi e segue sendo un lugar de encontro e convivencia de culturas”, sinalou Carlos López. Destacou o impacto “positivo” que esta cita ten na economía local porque “este evento atrae a visitantes de todas partes, o que se traduce en beneficios para o comercio, a hostalería e o turismo”.

Exit mobile version