Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia do Torno de San Cibrao xa loce a súa bandeira azul

O servizo de socorrismo xa estará operativo deste este luns, 1 de xullo

Cervo, 30 de xuño, 2024. A insignia, que premia a xestión ambiental do Concello, foi izada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e o edil de Emprego, Alfredo Fernández, acompañados por varios traballadores municipais e polos socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas durante os próximos dous meses.

Ademais, desde esta fin de semana xa locen tamén a bandeira Ecoplayas, a de praia sen fume e tamén o distintivo de Sendeiro Azul, que “recoñece o valor medioambiental desta ruta” e pon de manifesto “o compromiso municipal co turismo sustentable e de calidade”.

Exit mobile version