Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia de Celeiro está de novo en fase de estudo para analizar a calidade da súa auga

Tras as melloras na EDAR e no emisario, os resultados das últimas analíticas son bos

Viveiro, 25 de xuño de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa á veciñanza de que a praia de Celeiro está de novo no programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia da Consellería de Sanidade.

A praia xa estivo nunha fase de estudo de calidade das augas entre os anos 2019 e 2022, e ao remate desa etapa a consellería dictaminou que a calidade era insuficiente polos malos resultados das analíticas realizadas.

Posteriormente, os traballos levados a cabo polo concello na EDAR de Celeiro e no emisario para unha correcta depuración das augas supuxeron unha mellora na situación, o que provocou que incluísen de novo a praia en fase de estudo durante outros catro anos.

A campaña de control sanitario das augas de baño comezou o pasado mes maio, obténdonse ata o de agora resultados favorables. Dende o concello comunicaranse estes resultados no panel da praia durante estes catro anos que dura o periodo de avaliación, transcurridos os cales se obterá a calificación sanitaria das augas de baño da praia de Celeiro.

Exit mobile version