Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha nova concentración en demanda de servizos médicos conxuntamente co Concello do Valadouro

Será o sábado día 29 de xuño ás 12 horas diante do Centro de Saúde do Valadouro

A Mariña 22 de xuño de 2024. A Plataforma Sanitaria da Mariña, conxuntamente co Concello do Valadouro, convoca de novo una concentración Concello do Valadouro en demanda da cobertura das dúas prazas de Medicina de Familia que están vacantes desde hai moitos meses. A situación na que se atopa o Concello é sumamente grave e precisa dunha resposta inmediata por parte da Consellería de Sanidade e do Sergas, pois trala xubilación dos dous facultativos titulares ambas as dúas prazas están sen ocupar por persoas substitutas ,quedando gran parte dos días sen médicos. A única solución que deu o Sergas, malia anunciar en todos os medios de comunicación que a situación estaba resolta un día antes da multitudinaria mobilización do pasado mes de abril, foi substituir una das prazas cun/ha profesional que algún día viña a pasar consulta durante unas horas.

Esta inaceptable situación está a provocar atrasos e listas de agarda no nivel básico da atención sanitaria, deixando a unhas mil novecentas persoas sen a atención básica de saúde a maior parte dos días, obrigándoos a desprazarse a outros Concellos, ao PAC ou mesmo ao sevizo de urxencias do hospital para a resolución de problemas e saúde máis sendo prácticamente imposible facer os seguimentos periódicos de procesos crónicos axeitadamente . A enorme preocupación e indignación que se está a producir na poboación do Valadouro e que foi transmitida por diversas vías á plataforma sanitaria, motivou a petición por parte do colectivo sanitario dunha reunión co goberno do Valadouro, na que se abordou a grave problemática sanitaria que se mantén desde hai moitos meses. Froito deste encontró decidiuse convocar novamente una concentración o próximo día 29 de xuño ás 12 horas diante do Centro de Saúde e que contou co apoio incondicional do goberno.

Desde este colectivo animamos a todas as veciñas e veciños do Valadouro e das poboacións veciñas, así como de toda a comarca a que acudan a esta nova mobilización na que se demanda a cobertura total e continuada das dúas prazas de Medicina de Familia, imprescindibles para que os servizos sanitarios no Concello do Valadouro sexan dignos, de calidade e cunha continuidade asistencial axeitada.

Exit mobile version