Así mesmo, a Plataforma nega que se chegara a ningún acordo co alcalde de Foz respecto ao conflito suscitado
Foz, 30 de Xuño de 2024. O pasado venres, día 28 de xuño, organizado polo Foro Social dá Mariña, celebrouse no CENIMA de Foz un evento baixo o título “Servizos sociais básicos: avaliación e retos de futuro”. Nesta a súa segunda xornada participaron como relatoras Dna. Patricia Otero, deputada do PSOE no Congreso, Dna. Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento de Galicia, e Dna. Raquel Arias, tamén deputada autonómica, no seu caso por Partido Popular.
“Sendo todas elas cargos relevantes a nivel autonómico e nacional dos tres partidos políticos que hoxe en día contan con representación na corporación do Concello de Foz, e dada a evidente relación dos temas tratados coa situación que inxustamente estamos a padecer, ao encontro acudimos un nutrido grupo de membros desta Plataforma”.
Unha vez finalizado o acto, “fixémoslles entrega dunha copia do mesmo escrito que presentaramos ao alcalde de Foz o pasado 18 de Xuño, e ás agrupacións locais das súas tres formacións políticas o día 25. Ás tres relatores, sen excepción, queremos manifestarlles publicamente por este medio o noso sincero agradecemento pola súa amabilidade e boa disposición á hora de escoitar as nosas demandas. Agradecemento que estendemos aos organizadores das xornadas por permitirnos presentar o noso caso ás súas invitadas”.
“Ao mesmo tempo, consideramos necesario saír ao paso das últimas declaracións públicas realizadas polo Sr.Alcalde de Foz. Textualmente, segundo recollía algún medio o día 27 de Xuño, Fran Cajoto, explica que despois de dúas reunións o que se acordou é destinar unha partida de emerxencia social por importe de 240.000 € , “tras estudar os casos de maneira individual ningún dos actuais usuarios da Residencia quede fóra”, sinalou, para engadir que a nova concesionaria non entrará ata agosto, pois teñen que resolverse aínda impugnacións da anterior empresa”.
“A este respecto, vémonos obrigados a responderlle e poñer en coñecemento da opinión pública que, de novo, o alcalde non di toda a verdade: é certo que mantivemos dúas reunións con el, pero non é certo que chegásemos a algún acordo”.
“Na segunda delas presentámoslle o escrito ao que fixemos mención, no cal, como é sabido, poñiamos de manifestó o noso frontal rexeitamento á subida desproporcionada e abusiva das tarifas e propoñiámoslle, detallada e razonadamente, alternativas para paliar, polo menos en parte, o prexuízo que se vai a causar ás familias. En ambas, tratouse pormenorizadamente o tema das axudas sociais de emerxencia, e ratificóuselle a nosa postura no relativo a estas: tal e como están reguladas na ordenanza vixente, ditas axudas non son aplicables á maioría dos residentes, apreciación que lle corroboraron os técnicos municipais na nosa presenza. Isto convérteas, e como tales considerámolas, nun anuncio político oco, unha solución falsa formulada para a galería pero sen contido real. Á data de emisión deste comunicado, seguimos sen recibir ningunha contrapropuesta pola súa banda”.