Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeoorganiza unha comida de confraternidade para rematar o curso

Ribadeo, 4 de xuño de 2024. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso.

O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14:30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non.

O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño.

A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.

Exit mobile version