Amigo quixo agradecer a confianza recibida e dixo que presidir esta comisión é para ela unha motivación especial polo feito de ser concelleira en Cervantes, un municipio da montaña lucense, eminentemente rural. Ademais fixo unha defensa dos pequenos concellos e do municipalismo, poñendo en valor o papel que desempeñan os concelleiros de pobo. Á cabeza desta Comisión está outro deputado lucense, José Manuel Mato, na súa condición de vicepresidente.