Estas obras, que contan cun investimento da institución provincial de máis de 90.000€, afectan a un tramo de 1,3 quilómetros no inicio da vía e consisten na limpeza das cunetas, da pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización
Concretamente, os traballos consistirán na mellora da drenaxe mediante a limpeza de cunetas; a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución das obras é de 2 meses, pero a empresa encargada dos traballos -Ovisa Pavimentos y Obras SLU- comprometeuse a telas rematadas en 3 semanas desde o seu inicio.
Trátase dunha actuación moi importante, porque esta vía que conecta os concellos de Cospeito e Begonte -desde Feira do Monte ata Fontefría, no límite municipial- dá servizo directo a máis dun milleiro de habitantes que residen nas cinco parroquias cospeitegas que atravesa: Sistallo, Villapene, Seixas, Pino e Rioaveso. Ademais, esta estrada dá acceso ao manancial de Fontoira.