Ribadeo, 14 de xuño, 2024. A Asamblea Xeral da ONU, designou o 15 de xuño como Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e o Maltrato na Vellez.
Hoxe, venres 14 de xuño, O CAPM “A Concordia” de Ribadeo, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, organizou en colaboración co Concello, un entrelazado de persoas para concienciar sobre o valor da dignidade das persoas maiores e rachar cas barreiras discriminatorias idadistas:
As persoas, cos anos non caducan…e os seus dereitos tampouco.
Un tecido de persoas que, partiu dun sillón de descanso do CAPM de Ribadeo debía rematar nun sillón de descanso, colocado no centro das 4 calles desde primeira hora da mañá.
Ao longo do percorrido, cartaces cas principais demandas das persoas maiores.
– ESCÓITAME: Sinto o frío da soidade, voume borrando, pérdese a miña voz entre tanto ruido. Non permitas que as sombras me aprisionen e me faga invisible e inaudible
– INVOLÚCRAME: Quero coidados que non me anulen. Non me etiquetes como persoa pasiva, improductiva, eferma ou incapaz. Teño valores engadidos, experiencias e circunstancias superadas
– RESPÉCTAME: Na miña historia de vida, quédame moito por facer, e non é menos importante que o que levo vivido.
Non son inferior. O meu valor como persoa, non está en rebaixas.
– COMPRÉNDEME: En toda circunstancia, cando unha suma de euros se volve unha montaña inabarcable, cando o presente se esvaece efervescente, como un suspiro, e cando ausente, non atopo a saída.
Hai días varados, non encontro a dirección nin rumbo e necesito que collas o timón e me acompañes facéndome sentir importante.
Quíxose poñer o foco sobre múltiples situacións de abuso e maltrato; desde o descuido e o abandono ata a infantilización ou o ingreso en institucións en contra da súa vontade.
Elexiuse compartir esta xornada formando unha malla de persoas e simbolizar a sucesión de axudas imprescindible para que a DIGNIDADE se faga viral .
Un día grande, nas que as forzas do entusiasmo non conseguiron unir os dous cabos e debuxar esa liña clara, de seguridade plural.
As persoas participantes non chegaron a unirse, pero persistirán. O ano que ven, volverano intentar porque:
O atardecer da vida non pode ser recortado.
O Centro de Día é referente na atención ás persoas maiores en todos os niveis…non importa o forte que o mundo empurre en contra, o equipo de profesionais e persoas usuarias atopará a forma de empurrar de volta.
Un centro que respira sorrisos contra as bágoas e orden e calma contra o caos.
No manifesto ao que deron lectura dúas persoas usuarias: Carmen Lastra e Rosa Santar, recordáronnos que levan toda a vida contribuíndo a tecer as nosas historias, que puxeron xenerosamente os seus fíos de alento, palabras e tempo e pedíronnos reciprocidade… que non deixemos de poñer os nosos fíos na rede que os sustenta e apoia
Hoxe, as persoas maiores, deixaron claro que non se van a conformar cun picoteo, que na VIDA,queren levar o prato ben rebañado.
SON, ESTÁN E CONTAN