A Asamblea Xeral da ONU, designou o 15 de xuño como Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e o Maltrato na Vellez.
Para sensibilizar sobre este menoscabo nos dereitos das persoas maiores e sacar estas violencias da súa comodidade semioculta, deseñouse este trenzado social: o obxectivo é que as persoas participantes se entretezan ás persoas maiores, partindo dun sillón de descanso do CAPM de Ribadeo e rematando nun sillón de descanso que estará colocado no centro das 4 calles desde primeira hora da mañá, o próximo venres 14 de xuño.
Ao longo do percorrido, estarán dispostos cartaces, cas principais demandas que expoñen as persoas maiores:
– ESCÓITAME
– INVOLÚCRAME
– RESPÉCTAME
– COMPRÉNDEME
A actividade dará comezo ás 11:30 e ás 12:00 unha das persoas usuarias do CAPM “A Concordia” lerá un manifesto.
As situacións sobre as que se quere concienciar van desde o descuido e o abandono ata a infantilización ou o ingreso en institucións en contra da súa vontade.
No caso das persoas maiores en situación de vulnerabilidade, persoas dependentes ou con deterioro cognitivo o abuso e o maltrato xera indefensión e ansiedade e agravamento de enfermedades e lesións.
As persoas, debemos tecernos xuntas…. unhas contribuímos a tecer a historia doutras, e esas outras poñen os seus fíos de vida, palabras e tempo para tecer as nosas.
Tod@s… estamos tecid@s uns a outr@s