Ribadeo, 27 de xuño de 2024. A comunidade educativa do CEIP Gregorio Sanz agradece as inversións anunciadas hoxe polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e polo alcalde ribadense, Dani Vega.
A directora do centro, Lourdes Marqués, quixo “expresar o meu agradecemento desde a comunidade educativa do Gregorio Sanz tanto á Consellería de Educación como ao Concello de Ribadeo polas inversións realizadas no centro, tanto na primeira fase que supuxo a reforma integral das instalación como no avance do proxecto da obra do peche perimetral e casa do conserxe, anunciada no día de hoxe polo alcalde e polo conselleiro”.
Para Lourdes Marqués “isto supón un grande esforzo, que redundará no beneficio do uso e disfrute tanto da poboación infantil en particular como da comunidade educativa en xeral, razón pola que amosamos un especial agradecemento á Consellería de Educación e ao Concello de Ribadeo”.
A directora do CEIP Gregorio Sanz lembrou que “o centro veu demandando a realización destas obras en cursos anteriores, polo que agradece que a nosa petición fose escoitada e atendida”.