Site icon Crónica3.com A Mariña

A choiva non desanima á concentración en demanda de servizos médicos no Valadouro

O Valadouro, 29 de xuño, 2024. A Plataforma Sanitaria da Mariña, conxuntamente co Concello do Valadouro, convocou este sábado una concentración Concello do Valadouro en demanda da cobertura das dúas prazas de Medicina de Familia que están vacantes desde hai moitos meses. A situación na que se atopa o Concello é sumamente grave e precisa dunha resposta inmediata por parte da Consellería de Sanidade e do Sergas, pois trala xubilación dos dous facultativos titulares ambas as dúas prazas están sen ocupar por persoas substitutas, quedando gran parte dos días sen médicos. A única solución que deu o Sergas, malia anunciar en todos os medios de comunicación que a situación estaba resolta un día antes da multitudinaria mobilización do pasado mes de abril, foi substituir una das prazas cun/ha profesional que algún día viña a pasar consulta durante unas horas.

Esta inaceptable situación está a provocar atrasos e listas de agarda no nivel básico da atención sanitaria, deixando a unhas mil novecentas persoas sen a atención básica de saúde a maior parte dos días, obrigándoos a desprazarse a outros Concellos, ao PAC ou mesmo ao sevizo de urxencias do hospital para a resolución de problemas e saúde máis sendo prácticamente imposible facer os seguimentos periódicos de procesos crónicos axeitadamente. A enorme preocupación e indignación que se está a producir na poboación do Valadouro e que foi transmitida por diversas vías á plataforma sanitaria, motivou a petición por parte do colectivo sanitario dunha reunión co goberno do Valadouro, na que se abordou a grave problemática sanitaria que se mantén desde hai moitos meses. Froito deste encontró decidiuse convocar novamente una concentración o próximo día 29 de xuño ás 12 horas diante do Centro de Saúde e que contou co apoio incondicional do goberno.

Foron dúas integrantes da Plataforma, Inma Orol e Luisa Piñeira as encargadas de ler o seguinte manifesto:

Bo día

A situación da Atención Primaria en Galiza é dramática , falta persoal nos centros de saúde, sen pediatras en moitos centros , con miles de nenos e nenas sen poder acceder á unha atención pediátrica de xeito ordinario, cun déficit importántísimo de matronas, sen enfermeiras para substituir as ausencias das plantillas, sen médic@s de familia en moitos centros de saúde. Este ano tampoco haberá médic@s e enfermeir@s para atender ás persoas desprazadas, polo que o escaso persoal que hai nos centros de saúde terá que asumir una vez máis este aumento por tres ou por catro a carga de pacientes. E os responsables únicos desta situación son o Goberno da Xunta , a Consellería de Sanidade, e o Partido Popular, que levan 15 anos aplicando un plan estratéxico e ideolóxico de deterioro e desmantelamento do sistema sanitario público e enfocando as políticas sanitarias hacia á privatización.

Na comarca da Mariña, cunha poboación de máis de setenta mil habitantes, o desmantelamento da sanidade pública está a producir un dano irreparable, pois os territorios rurais, cunha poboación moi envellecida e dispersa son os máis sensibles e os máis perxudicados por esta estratexia política destrutora que o Partido Popular está a aplicar, sen ter en conta as necesidades das persoas. O goberno da Xunta de Galicia está a destinar millóns de euros aos concertos coa sanidade privada mentres a sanidade pública é desmantelada a marchas axigantadas. Cartos para a privada que quitan do que deberan ser orzamentos para a sanidade pública, mermando a calidade asistencial dos nosos centros sanitarios, ao non contar cos profesionais que son necesarios.

Aquí no Valadouro levades moito tempo sufrindo estas políticas de recortes que afectan directamente á vosa saúde. Este abandono por parte do Sergas e do goberno da Xunta está a causarvos sufrimento .

A xubilación hai xa moitos meses dun dos dous médicos cos que contaba o Centro de Saúde, non foi substituída deixando á localidade coa metade do cadro médico para atender a todas as veciñas e veciños. Levades moito tempo indo ao centro de saúde e vendo que non hai ningún médico para que vos atenda ou veña alguén a consultar durante catro horas, nin siquera un turno completo. Fostes derivados ao concello veciño de Alfoz para que vos atenderan e ao PAC de Burela se era urxencia.

Moitos de vós xa cambiastes de médico para Alfoz, porque aquí ou non había médicos ou de cada vez que había era un distinto, producíndose sobrecarga de traballo no Centro de Saúde de Alfoz. Aquí ten que haber dous médicos todos os días da semana, porque se hai dúas prazas de medico é por que se necesitan , así que mentres non estén os dous a tempo completo e todos os días non está solucionada a situación sanitaria do Valadouro. E non imos pasar por menos.

Outra vez o novo conselleiro anunciou días antes desta concentración a contratación de dous médicos para o Valadouro, un xubilado e un residente de último ano . Se é verdade que imos ter este Centro de Saúde cuberto ao cen por cen é una boa noticia para o Valadouro e para a comarca. Máis temos que ponelo en cuarentena debido aos múltiples anuncios que levan facendo en relación á cobertura de médicos de familia e mesmo pediatras, como aconteceu en Ribadeo ou como pasou o día antes da concentración que reuniu aquí a cincocentas persoas e que logo resultou ser falso.

O que si podemos decir con orgullo é que se é verdade que veñen dous médicos para o Valadouro é grazas a vós. Sen a loita continuada deste pobo, desde que quedastes sen médicos non se movería nin un so dedo desde a Xunta e desde a Consellería.Seguiriades estando cun médico que algún días pasaría consulta catro horas.

Este é un pobo afeito a loitar polo que é seu, xa o demostrastes hai case 10 anos cando o goberno da Xunta decidiu suprimir o servizo de pediatría que había para os Concellos de Alfoz e Valadouro, deixando ás vosas cativas e cativos sen asistencia pediátrica e tendo que desplazarvos ata Foz para que os atenderan. Foi un exemplo de loita veciñal que se extendeu durante moitos anos. Loita que nunca abandonastes. E seguiremos petando para que esto non quede en saco roto, malia que o Conselleiro de Sanidade pense que non fai falta pediatra aquí ,coa excusa de que non hai suficiente número de nenas e menos e que poden ir a Foz a que os atendan.

Hoxe , desde o Centro de Saúde do Valadouro queremos decirlles a quen xestiona a sanidade que non imos parar de loitar por unha sanidade pública de calidade, esiximos que se cubran todas as prazas de médicos todos os días. O Partido Popular leva gobernando 15 anos, sabía que está situación iba a producirse e non fixo absolutamente nada para solucionala. O Valadouro esixe que a nosa poboación, rural e moi dispersa, teña acceso aos servizos sanitarios públicos de igual xeito que se vivira nunha capital.

A LOITA CONTINÚA. AQUÍ. AGORA. SEMPRE

O acto pechouno a alcaldesa de O Valadouro, María José Fernández

O Deputado do BNG Daniel Castro esixe a cobertura das dúas prazas de médic@

O deputado mariñao no Parlamento xunto co tamén deputado provincial e mariñao tamén, o barreirense Daniel García, así como o responsable comarcal da formación nacionalista asistiron a esta concentración. Daniel Castro foi o deputado que levou a problemática do Centro de Saúde de O Valadouro ao Parlamento e interpelou ao Conselleiro de Sanidade no pleno celebrado o pasado mércores día 26. Nas súas declaracións feitas hoxe na concentración Castro insistíu na reclamación que fixo o pasado mércores en sede parlamentaria, que é que o Centro de Saúde teña dous médicos sempre, que é o que venen reclamando as veciñas e veciños, o equipo de goberno do concello e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

Daniel Castro recordou que á semana seguinte da tamén numerosa concentración do pasado 14 de abril, desde o Sergas anunciaran que se ían cubrir as dúas prazas inmediatamente, o que fai dubidar sobre o anuncio feito esta semana polo Conselleiro ante a pregunta que lle formulou Daniel Castro.

O deputado nacionalista quixo tamén valorar esta nova mostra de dignidade da veciñanza de O Valadouro reclamando os seus dereitos a pesar do mal tempo, e diante das promesas baleiras ás que nos tén acostumado o Partido Popular.

Exit mobile version