Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicou ás persoas asistentes, métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica.
O curso, que contou coa colaboración da área de Medio Rural do Concello do Valadouro, inclúese nun programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área dirixida por Daniel García, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.
O Valadouro -esta fin de semana- e Vilalba -desde a semana pasada- foron os primeiros concellos en acoller estes cursos de apicultura que se desenvolverán tamén en Xove, Pantón, Muras ou Mondoñedo ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro.
Xove
Cría de raíñas con abella autóctona. 6,7, 16, 18 e 19 de xullo (de 9 a 14 horas). Casa da Cultura.
Ferreira de Pantón
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 13 de xullo (mañá e tarde). Comunidade de Montes de Ferroedo
Muras
Iniciación á apicultura. 20,21, 27 e 28 de xullo (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle Cría de raíñas con abella autóctona. 3,4,13,15 e 16 de agosto (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cervo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas). Museo do Mar de San Cibrao
Mondoñedo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas). IES San Rosendo
As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.