A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, sinalaba dixo que “Ribadeo é un exemplo de convivencia e aceptación e queremos que todas as persoas se sintan benvidas e valoradas. Desde o Concello animamos a tod@s @s cidadáns e visitantes a participar nas actividades que se desenvolveran no parque de San Francisco, demostrando así que a nosa vila é un lugar inclusivo e orgulloso da diversidade”.
A edil lembrou que “hoxe ás 21:00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo Poético Musical, baseado na obra gañadora do XVII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, da autora Diana Kurich. E ás 21:30 horas haberá unha festa con discoteca móbil”.
E engadiu: “por outra banda, o sector servizos de Ribadeo tamén nos está axudando a difundir o número 028 contra a LGTBIfobia. Agradecemos ao profesorado e ao alumnado do obradoiro por axudarnos coa ambientación do espazo. Vide desfrutar dun Ribadeo orgulloso”.