Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematou o pasado sábado a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno

Barreiros, 24 de xuño de 2024. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematou o pasado sábado a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “ao fin 55 peregrinos fixemos a última etapa do Camiño de Inverno, treito curto de 8 quilómetros, pero intenso en emocións porque chegamos ao momento desexado de abrazar ao Apóstolo Santiago”.

Gómez Puente lembrou que “o 10 de xuño do ano 2023 comezamos o Camiño do Inverno en Las Médulas, enclave patrimonio da humanidade que se encontra a 230 quilómetros de Santiago e despois de 11 etapas o sábado pasado chegamos a Santiago de Compostela. Obxectivo conseguido. Outro ano máis é xa son 20 anos, foi polo ano 2004 cando iniciamos esta aventura máxica”.

O presidente de Camiñantes e Camiños sinalou que “cada ano realizamos un Camiño de Santiago distinto e é moi recomendable. Quero aproveitar para animar a persoas que se encontren soas ou con problemas a que o fagan, a que nos acompañen porque o camiño é unha experiencia única e hai que vivila”.

E tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que participaron nesta peregrinación a través do Camiño de Inverno a ás que o fixeron ao longo dos 20 anos desta aventura: “gracias a todas as persoas que durante este ano e os 20 anos anteriores convivimos en harmonía como se foramos una familia”.

Exit mobile version