Burela, 13 de xullo, 2024. Dende a asociación Camiña, outro ano máis vanse levar a cabo nos meses de verán actividades inclusivas dirixidas a nenos e nenas de 3 a 10 anos, tendo prioridade aqueles/aquelas con diversidade funcional ou algunha necesidade educativa. Aínda que as actividades están abertas para toda a infancia.
As actividades levaranse a cabo nos meses de xullo, agosto e a primeira semana de setembro en horario de 10 a 14 horas. Están divididas por semanas temáticas, levándose a cabo diferentes dinámicas entre as que se poden atopar: manualidades, xymnkanas, xogos, pintacaras, cociña, experimentos…
Para máis información poden poñerse en contacto coa asociación no 982580423 (de luns a xoves de 16 a 21 horas) ou no email: asociacioncamina@gmail.com