Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregaron os premios do XIV Concurso Fotográfico de Medio Ambiente ‘Cervo Respecta’, no Parque Reina Sofía

O certame contou coa participación de 44 instantáneas cun grandísimo nivel; pero o xurado coincidiu en premiar a: Anxo Cao co primeiro premio pola súa foto Cea ao atardecer, con 58 puntos. Germán Paleo co segundo premio pola súa foto Esfinge Colibrí, con 57 puntos. O TOP Cervo, á mellor fotografía na que se indentificaba claramente unha paraxe do noso Concello tamén foi para Germán Paleo, pola instantánea A Ponte do Bao, con 49 puntos, coa que fixo doblete.

Exit mobile version