A concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Marta Saiz, asistiu este venres ao acto de celebración do quinto aniversario da apertura da nova residencia de atención a persoas maiores de Ribadeo pola que pasaron, segundo subliñou a directora, Carmen Rubiños, 99 persoas ao longo destes anos. Residentes e familiares compartiron unha mañá especial na que non faltaron unha decoración e unha tarta, entre outras cousas, para conmemorar este día.