Site icon Crónica3.com A Mariña

Xebra celebra este venres e sábado o seu XI Aniversario

Burela, 30 de maio, 2024. O Xebra! foi inaugurado en 2013 durante as festas patronais. Ano a ano, a axenda da asociación complementou cos seus concertos a programación dos días grandes da vila. Desta volta, o evento chega a unha cifra especial. Celebraremos estes anos cun cartaz cunha pinchada colectiva das socias e un concerto de Músculo!, banda galega de música electrónica.

A entrada do venres será de 2€ para socias e 3€ para non socias, mentres que a do sábado será de 8 e 10 euros, respectivamente. O local abrirá a partir das 22:30 horas.

Exit mobile version