A Mariña, 6 de maio, 2024. Guía tu día comezou este ano a facer visitas guiadas polo Monumento Natural da praia das Catedrais para poñer en valor este conxunto de arcos rochosos sito no concello de Ribadeo.
Esta actividade iniciouse o pasado mes de abril e tralo éxito volve en maio. “Unhas visitas ideais para realizar nesta época xa que o areal está máis tranquilo e ainda se pode acceder con mascotas. Están abertas a todo o mundo”, comenta a guía.
Todas elas terán lugar pola mañá coincidindo co horario de baixamar e cunha duración de hora e media.
O xoves 9 de maio será ás 11h, o venres 10 ás 11:30h e o sábado 11 ás 12 horas.
Se estás interesado ou interesada ou necesitas máis información debes poñerte en contacto no télefono 654 99 68 57.