Site icon Crónica3.com A Mariña

Volve a Viveiro o festival de música eletrónica ETHER, do 18 ó 20 de xullo

Viveiro, 12 de maio, 2024. A sétima edición do festival de música eletrónica ETHER – An Electronic Odyssey realízase nos días 18, 19 e 20 de xullo no Parque da Misericordia en Viveiro, xunto á capela do Ecce Homo. A principal novidade será o aumento de días e un cartaz composto por máis de 18 artistas nacionais e internacionais, sendo a maior aposta da historia do festival. Nos próximos días, os artistas que irán compor o line-up serán revelados nas redes sociais.

Na edición deste ano continuaremos a apostar nun line-up moi coidado e variado en termos de artistas e estilos musicais, para satisfacer tanto os gostos dun público máis veterano como de un público novo. Neste sentido, a filosofía do festival mantense intacta: traer para Viveiro os mellores talentos da emerxente escena eletrónica europea.

Ether – An Electronic Odyssey é un festival onde poderá desfrutar non só dunha experiencia musical do mais alto nivel, mais tamén da natureza, gastronomía e lecer que Viveiro e A Mariña ofrecen durante o verán.

Exit mobile version