A alcaldesa María Loureiro agradeceu “o extraordinario labor que realiza a Asociación Contra o Cancro de Viveiro, que se plasma en iniciativas como esta”
Este concerto benéfico terá lugar o sábado, día 4 de maio, ás 20:30. As entradas custarán 6€, e poderán ser adquiridas de xeito anticipado a través de internet, ou no propio teatro unha hora antes do evento.
A presentación do evento hoxe contou coa participación da presidenta da AECC en Viveiro, María Rolle, o presidente de Melomanía, Mario Vale, e o director do conservatorio Antonio José Álvarez Neira. Por parte do Concello acudiron a alcaldesa María Loureiro, a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez e a concelleira de Benestar Social, Catalina Fernández Méndez.
A alcaldesa agradeceu “o extraordinario labor que realiza a Asociación Española Contra o Cancro no municipio, que se plasma en iniciativas tan interesantes e necesarias como esta”.
Desde a Alcaldía de Viveiro fixéronse as xestións necesarias para que a Asociación contra o Cancro de Viveiro contase cun local na Casa do Mar de Celeiro.
No concerto van participar os grupos vinculados á asociación de adultos do conservatorio Jamape, Brétema Band e Diavolinos, e mais Golpe de Efecto e Los Jueves por parte do propio conservatorio.