Un cuarto de hora despois das 14:00 horas, o 112 Galicia foi coñecedor dun accidente cun camión implicado, a través das urxencias sanitarias. Posteriormente un particular indicou que había unha persoa ferida, o camioneiro, que estaba transportando rochas no momento do suceso, e que se atopaba xa fóra do vehículo envorcado.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso aos Bombeiros de Vilalba, GES de Pontenova e á Garda Civil de Tráfico, a cal se desprazou ata o punto.
Tamén se mobilizou unha ambulancia nada máis saber do accidente, segundo indicou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.