Palas de Rei, 20 de maio 2024. A Plataforma Ulloa Viva viaxa este martes, 21 de maio, a Madrid para manter no Congreso dos Deputados reunións cos voceiros en materia de Industria dos principais partidos representados na Cámara Baixa. A presidenta da Plataforma, Marta Gontá, a presidenta das mariscadoras a pé de Carril, María Porto, e a productora de carne ecolóxica galega de Traloagro (Friol), Isabelle Gómez, trasladarán a todos os partidos no Congreso os informes elaborados por expertos en distintos eidos que acreditan que o proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei atenta contra o corazón de Galicia, poñendo en perigo o seu modelo socioecómico, o medio ambiente, a cultura e calidade de vida e benestar dos veciños da Ulloa, o Deza, Terra de Melide e Arzúa.
A presidenta da Plataforma, Marta Gontá, explica que as reunións deste martes teñen o obxectivo de “trasladar e explicar aos grupos parlamentarios a preocupación que hai no territorio e o rexeitamento social” fronte ao proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. Gontá asegura que Ulloa Viva deixará clara en Madrid a postura contraria a “este modelo socioeconómico que racha co que estamos creando entre todos no corazón de Galicia”. A mensaxe aos grupos no Congreso será “clara” e a delegación de Ulloa Viva aproveitará ademáis para pedirlles explicacións aos gobernos sobre “por qué se reúnen con Altri e Greenalia e nos cos veciños e veciñas que viven e coidan desta contorna”.
A Plaraforma Ulloa Viva transmitirá aos deputados e deputadas no Congreso que “non lles imos permitir que nos impoñan pola forza unha industria que rompe co noso tecido socioeconómico e a nosa maneira de vivir”.
Sector primario
Na delegación da Plataforma Ulloa Viva está Isabelle Goméz, productora de gandeiría bovina e avicola en ecolóxico, transformadora de carnes tamén en ecolóxico e comercializadora. É ademáis a presidenta da Asociación Galega de Pastos e Forraxes. Isabelle Gómez quere “poñer en valor” no Congreso a actividade agrogandeira “que xa existe na zona, temos un rural vivo que xenera economía circular, productos de calidade, cun entorno coidado”. Gómez alertará en Madrid de que a macrocelulosa que Altri proxecta en Palas de Rei suporá, entre outros problemas “unha elevada competencia pola terra pola demanda de eucalipto, dúbidas arredor do futuro das produccións en ecolóxico na contorna e un impacto ambiental pola contaminación de Altri”. Con datos sobre a mesa, Isabelle Gómez explicará aos deputados en Madrid que “o impacto medioambiental e agroecolóxico desta macrocelulosa é brutal. Deixarán claro ademáis que “non estamos en contra das industrias, pero doutro tipo de industrias que manteñan a actividade do sector primario ou do Camiño de Santiago que xa están funcionando na zona”.
Ría de Arousa
A presidenta das mariscadoras de Carril, María Porto, explicará no Congreso a importancia do sector do mar, e da Ría de Arousa en particular, destacando que o sector xenera un 1,33% do total da produción da economía galega e perto do 33% do valor engadido xerado no sector do mar en todo o país. Porto tamén incidirá en que os empregos directos e indirectos do sector afecta a milleiros de familias, incidindo tamén o valor social dun sector transversal “si a nós nos vai ben tamén consumimos e incentivamos a economía local, un tecido de negocios que se nutren uns aos outros”.
María Porto defenderá en Madrid a “entidade propia” que a actividade marisqueira ten mesmo no turismo arousán. “Altri nos vai a perxudicar” primeiro pola detracción no caudal do Ulla “que xa ten un problema de contaminación e engadindo a ausencia do vento do nordés e a menor dilución da contaminación polo consumo da macrocelulosa, fará máis dano. Non podemos engadir máis problemas a unha ría xa debilitada”. Porto incidirá diante dos partidos no Congreso na captación de auga que pide Altri “unha burrada” que suporá ademáis un problema porque “moitos veciños beben do Ulla e non podemos permitir que unha planta desas características se sitúe nin en Palas nin en ningún sitio de Galicia”.
As voceiras da plataforma entregaron no Congreso aos distintos grupos políticos informes arredor do impacto medioambiental do Proxecto Gama na zona en que Altri pretende instalar esta macrocelulosa; os efectos sobre o Camiño de Santiago (a menos de 2,5 quilómetros da fábrica segundo os datos do Sixpac da Xunta de Galicia) e a súa consideración coma Patrimonio da Humanidade, e o impacto no sistema forestal galego pola elevada demanda de eucaliptos desta celulosa, 1,2 millóns de toneladas ao ano segundo recoñece a propia empresa no seu Estudo de Impacto Ambiental e proxecto, actualmente en periodo de estudo das 25.000 alegacións en contra que recibiu ata o pasado 17 de abril, o maior número de alegacións rexistrado a un proxecto industrial na historia de Galicia.
Axenda das reunións
Ás 10,30 horas do martes 21, as 3 representantes da plataforma estarán coa deputada do PNV Idoia Sagastizábal. Ás 13 horas a reunión será cos deputados de Sumar Manuel Lago e Verónica Martínez Barbero. Ás 16 horas Ulloa Viva reuniráse no Congreso co deputado do BNG Néstor Rego. Ás 17,00 a reunión será con ERC, coa deputada Inés Granollers i Cunillera. Ás 17,30 horas manterán un encontro coas deputadas socialistas Adriana Maldonado e Patricia Otero. Pendentes de confirmar a hora, as representantes da Plataforma tamén teñen confirmados encontros co deputado do PP Francisco Conde e o voceiro de Bildu Óskar Matute. Nesta axenda de contactos cos grupos no Congreso a plataforma tamén se dirixiu a Junts e Podemos. No caso do partido catalán a reunión será co deputado Josep María Cervera Pinart.