O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo participou este mércores na tradicional festa dos socialistas de Foz no Bispo Santo tras acudir tamén á manifestación polo Primeiro de Maio en Lugo
Foz, 1 de maio de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns na tradicional festa dos socialistas de Foz no Bispo Santo con motivo do Primeiro de Maio, un encontro ao que se desprazou tras asistir tamén á manifestación polo Día Internacional do Traballo celebrada na capital lucense.
Durante a súa participación na festa dos socialistas focenses, José Tomé, xunto ao Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e ao Alcalde de Foz, Fran Cajoto, subliñou que os “socialistas temos hoxe tres motivos para festexar, porque celebramos o Día do Traballo con datos moi positivos, como o récord histórico de persoas afiliadas á Seguridade Social, a subida do Salario Mínimo Interprofesional ou a suba das pensións; porque o domingo José Ramón Gómez Besteiro tomou de novo as rendas do Partido Socialista, que lle fixeron soltar de mala maneira, con autoanónimos do PP; e porque Pedro Sánchez tomou a decisión de continuar á fronte do Goberno, e anuncia que ten aínda máis forza e que marcará un antes e un despois na rexeneración democrática, algo que estou convencido de que ocorrerá porque estes bulos, estas insidias e estes inventos non poden seguir máis, hai que lexislar”.
O Secretario Xeral dos socialistas na provincia esixiu de novo á Xunta un plan industrial para A Mariña, para provincia de Lugo e para o conxunto de Galicia, incidindo en que o PP “traizoou” a esta comarca porque “utilizou a Alcoa para facerse fotos, pero non aportou nada, pois foi o Goberno do Estado o que garantiu o acordo entre os traballadores e a empresa; cando á Xunta lle tocou o peche de Vestas ou de Calvo pasou de puntillas e aproboulles os EREs; e prometeu unha empresa para logo levala a outro sitio, e, ademais, nin era sostible, nin crea os miles de empregos que se vendera”.
José Tomé mostrouse convencido de que con Besteiro os socialistas serán capaces de reactivar o partido e de volver a gobernar a Xunta de Galicia.
Así mesmo, comprometeuse a seguir colaborando na medidas das posibilidades e recursos da Deputación para continuar mellorando os servizos e as infraestruturas dos concellos da Mariña e de toda a provincia.