As tres entidades levan meses traballando na realización de actos e xestións deportivas en común
Burela, 28 de maio, 2024. A S.D. Burela, C.B. Burela e C.D Burela F.S. traballan este ano nunha Cantina nas Festas Patronais. A intención das tres entidades é iniciar un camiño xuntos, para a promoción da base do deporte en Burela.
As tres entidades, levan meses traballando na idea, de realizar actos e xentións deportivas en común. A primeira acción que farán xuntos, e a xestión dunha das catro Cantinas que se instalarán no Porto de Burela durante as Festas Patronais do pobo.
“Damos as grazas á Comisión de Festas de Burela, pola oportunidade que nos dan nesta primeira aventura. Tamén queremos recoñecer a boa voluntariedade das outras tres Cantinas, que nos están axudando na organización. Agradecer á alcaldesa, Carmela López, e a súa corporación por apoiar a nosa inicitiva”.