Burela, 21 de maio de 2024. A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Sandra Fernández, visitaron persoalmente a Rosario para celebrar os seus 100 anos con tarta e brindando.
“Impresiona a inmensa vitalidade e forza de Rosario aos seus 100 anos, e de seguro as conservará por moitos anos máis”, afirma a alcaldesa. “Dende o Concello transmitímoslle os nosos parabéns tanto a ela como a toda a súa familia”, sinalou.
“Burela é un Concello cunha gran calidade de vida, no que coidar ás persoas maiores e garantir o seu benestar é unha prioridade do Goberno local”, destacou a rexedora.
“A nosa veciña máis lonxeva segue a practicar as súas moitas afeccións, como a pintura ou as sopas de letras, con total lucidez”, apunta pola súa banda a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais. “Desexámoslle que cumpra moitos máis estando así de ben”, engadiu.