A concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, contou que “o programa de Alimentos con Superpoderes continúa avanzando nas súas actividades, nesta ocasión tocoulle á Mostra itinerante de Alimentos con Superpoderes: Come, Actúa, Impacta, que pretende sensibilizar dos super poderes da alimentación de proximidade así como dar a coñecer como podemos mellorar o noso impacto no territorio a través da alimentación”.
A edil ribadense explicou que “esta mostra, que pretende percorrer todos os centros educativos, comezou a súa andaina na Praza de Abastos, onde se está a visitar desde o 21 ao 25 de maio, para logo continuar neste curso polo CPR Sagrado Corazón e proseguir no CEIP Gregorio Sanz”.
Saiz dixo que “esta mostra coincidirá no tempo coa campaña Quere o teu Mercado, que se organiza en colaboración coa Xunta de Galicia para celebrar o Día do Mercado mañá, 25 maio, data na que terá lugar no mercado de abastos un concerto de acordeóns da Escola de Musica de Ribadeo, ademais dun picoteo realizado con produtos da praza”.
A concelleira de Comercio engadiu que “ademais durante esta semana os diferentes coles realizaron visitas guiadas á Praza de Abastos, e os praceiros e praceiras reparten boletos para un sorteo, que terá lugar mañá, 25 de maio”.