Viveiro, 21 de maio de 2024. A tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras de Viveiro, Míriam Bermúdez, informa da reposición da balaustrada que sufriu danos durante as obras de renovación do alumeado na Atalaia de Celeiro.
A empresa encargada das obras rompeu unha balaustrada, “que foi dificil repoñer, pois xa non había repostos e houbo que facer os moldes de novo”, explica Míriam Bermúdez.
“Dende este semana está a balaustrada resposta; pedimos desculpas polo retraso na reposición, máis foi por causas alleas ao concello, quen fixo todo o posible para que a reposición se fixese canto antes”, engade.