A autora, acompañada polo responsable do Servizo de Publicacións Brais García, repasou a biografía da farmacéutica da ribadense e o traballo de documentación desenvolvido para rastrexar unha traxectoria pioneira.
A publicación
O volume recolle a traxectoria de Manuela Barreiro Pico, licenciada en farmacia que exerceu na vila de Ribadeo no primeiro terzo do século XX.
Foi a primeira muller que conseguiu o título de bacharelato no Instituto de Lugo (1896) e a primeira matriculada muller na Universidade de Santiago de Compostela (1896). Tamén a primeira licenciada en Farmacia en Galicia (1900) e a sétima en España. A publicación inclúe documentos orixinais escaneados e unha coidada selección de fotografías de época da vila de Ribadeo.
A autora
M.ª Isabel Fernández García,catedrática de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela na facultade de Ciencias de Lugo.
Forma parte do equipo CienciaNOSA, grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica. A súa traxectoria na investigación e na docencia, desde a perspectiva de xénero, incide na concienciación da importancia das científicas galegas, con iniciativas como o libro e proxecto divulgativo “Pioneiras de Ciencias de Lugo”.