Viveiro, 31 de maio de 2024.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar esta mañá os traballos de reparación do pavimento da explanada do chamado peirao vello de Viveiro. Nesta zona, o ente público está a aplicar un novo pavimento para rematar así coas fochas e deficiencias detectadas no firme.
Os traballos rematarán nos vindeiros días cando poidan retirarse a totalidade dos vehículos que aínda hoxe se atopaban estacionados na zonaa. Esta mellora permitirá a plena operatividade da explanada de titularidade portuaria que rexistra a día de hoxe un uso público como aparcadoiro aberto ao conxunto da veciñanza.