O ente público autoriza á Administración local a intervención en zona portuaria para as tarefas relativas á rede de saneamento en Bares e O Barqueiro
Ambos acordos establecen as bases para a explotación e conservación de todas as infraestruturas necesarias para o servizo municipal de depuración de augas e que necesariamente ocupan terreos portuarios. En base a eles, Portos de Galicia autoriza ao Concello a intervir nos terreos de titularidade do ente público en Bares e O Barqueiro para todas aquelas tarefas ou obras que se requiran para o mantemento das canalizacións derivadas de ambas EDAR.
Este convenio enmárcase dentro da vontade de colaboración institucional entre Portos de Galicia e os Concellos galegos a fin de coordinar unha máis efectiva prestación de servizos ás persoas que desenvolven actividade portuaria pero tamén ao conxunto dos veciños das vilas costeiras.