Viveiro, 3 de maio, 2024. En novembro de 2018 a riada que provocou importantes danos no barrio de Xunqueira, causou tamén a rotura da ponte que da acceso o lugar da Carreira en Magazos. Mais de cinco anos despois da riada a reparación da ponte da Carreira segue pendente.
No lugar da Carreira hai dúas explotacións gandeiras e para acceder as mesmas os veciños teñen que dar un importante rodeo, feito que dificulta que estas explotacións se poidan manter en funcionamento.
Marquesiña Vieiro
En decembro de 2023 un accidente de trafico, con saída de vía, derrubou e deixou inoperativa a marquesiña ubicada na zona do Filón en Vieiro. Como se pode ver na imaxe que se xunta, mais de catro meses dende o accidente, nada se ten feito para a reparación ou reposición da marquesiña.
Estrada de acceso a Naseiro
Tres semanas despois de anunciar o Concello a realización de importantes tarefas de limpeza na estrada de acceso a Naseiro dende a estrada LU-161 , o acceso a Naseiro segue en moi mal estado, con numerosas fochancas e acumulación de auga nas marxes