Nestes momentos, os Bombeiros de Vilalba, Viveiro e do Eume, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Ourol colaboran nas tarefas de extinción. Tamén envía medios o persoal distrito forestal da zona, xa que o lume propagouse inicialmente ao monte lindeiro.
Foi o propio condutor do guindastre quen chamou ao 112 Galicia minutos antes das 16:45 horas, e explicou que el mesmo tratou de apagar as lapas no primeiro momento, pero foi incapaz. Rapidamente, estas estendéronse á totalidade do vehículo.
Os servizos de emerxencias continúan traballando no punto, desde onde indican que o guindastre estase consumindo por completo.