Site icon Crónica3.com A Mariña

O voluntariado de Afundación retirará lixo mariño e flora exótica invasora na praia de Arealonga en Barreiros

A actividade forma parte do Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA

Barreiros, 24 de maio, 2024. O voluntariado Actúa de Afundación visitará o concello de Barreiros, no marco do seu Plan de Conservación Territorial-ON (PLANCTON), para levar a cabo unha nova xornada de limpeza de lixos mariños e retirada de flora exótica invasora. Será na praia de Arealonga (ou Reinante) entre 10 e 14h.

A do sábado será a sexta limpeza de praias programada no seo de PLANCTON no que vai de ano, un proxecto que xa leva retiradas máis de 70 toneladas de refugallos dos mares e praias de Galicia nos catro anos de actividade que leva vixente. A Obra Social de ABANCA promove esta e outras actuacións similares no marco de PLANCTON, para poñer de manifesto o importante que é como sociedade actuar de xeito responsable para manter os recursos existentes e asegurar o seu uso e desfrute para as xeracións futuras.

Exit mobile version